Neste número de Barrios a portada trae o Campionato de España de atletismo en pista cuberta. Éxito organizativo e de resultados dunha das mellores citas atléticas do ano a nivel nacional. Os mellores atletas españois pasaron pola pista de Expourense.
Ademais, numerosas actividades para conmemorar o Día da Muller (8M).
Entregadas vivendas protexidas a oito familias ourensás; o Instituto Galego de Vivenda e Solo traballa na adxudicación de outras seis novas vivendas nas rúas Vilar e Cervantes. Ourense e Montalegre estreitan lazos; as dúas localidades selan un acordo para promocionar mutuamente as súas actividades culturais e deportivas.
En Barbadás presentouse o seu servizo de transporte metropolitano. O Concello destina unha partida de 175.000 euros ao ano para bonificar o autobús aos veciños. A xunta local de seguridade de Barbadás mantivo unha reunión que arroxa mellorar a seguridade.
Os días 7 e 8 de marzo celébrase o «Barbadás Outlet» no que 22 locais comerciais estarán presentes nesta terceira edición.
En Allariz, o Museo do Coiro celebra o seu 25º aniversario. Do 6 ao 18 de marzo terán lugar as xornadas de igualdade.
Comeza o quinto coworking de Celanova con 20 participantes que desenvolverán a súa iniciativa. O conselleiro do Medio Rural reuniuse con gandeiros de Bande para dar conta das últimas iniciativas.
En deportes, o COB enfróntanse ao Cáceres este sábado, 7 de marzo, a partir das 19 horas no Paco Paz. O domingo día 8 celébrase dúas actividades deportivas solidarias: un partido benéfico no estadio Miguel Ángel; e unha carreira polas rúas de Ourense. Facemos un repaso aos equipos ourensáns de Terceira división.
Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha