Do proceso de produción ocúpanse os propios profesores. Ao dispor de unha soa impresora, o ritmo é de 4 ao día, polo que ata o de agora puideron facer unha ducia. Aínda así, xa fixeron a primeira entrega ao persoal sanitario do Centro de Saúde mentres continúan a facer máis.
Ao igual que ocorre co dispositivo de desinfección levado a cabo cos tractores dos agricultores locais, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, puxo esta colaboración co colexio Rosalía de Castro como exemplo de unidade de todo un pobo na loita contra a propagación do coronavirus.
Esta iniciativa súmase á que tamén impulsou o Concello coincidindo coa declaración do Estado de Alarma, pola que máis de 30 persoas están a facer nas súas casas mascarillas para quen poda precisalas. Ata a data, foron entregadas máis de 3.000, maioritariamente a persoal municipal, traballadores e traballadoras dos negocios que seguen abertos e que non podían acceder as mascarillas homologadas debido a súa escaseza ou particulares.
Ademais, empresas particulares nun número moi importante están tamén doando mascarillas, batas e gorros de un so uso para o persoal sanitario do Centro de Saúde de Xinzo.