Galicia Calidade será o selo que englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Ademais amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións. Con esto, a industria agroalimentaria galega reforzará a súa presenza na marca Galicia Calidade co obxectivo de que a súa produción gañe en competitividade nos mercados. Así o decidiu a Xunta no Consello do Goberno galego de carácter monográfico sobre o rural que se celebrou no mes de febreiro no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón).
Así, este será un selo que englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións, así como o selo Galega 100%, que recoñece e distingue o leite de calidade diferenciada producido nas explotacións leiteiras da nosa comunidade.
O impulso a Galicia Calidade como identidade da excelencia no rural galego farase con base en dous piares, o financiamento e a estratexia.
O primeiro promocionará o posicionamento e a axuda a todos os produtores, produtos e transformadores da nosa produción agroalimentaria. O segundo, a estratexia, centrarase en optimizar recursos, para unificar a acción de todos os actores implicados e para levar a marca ao primeiro nivel mundial de calidade. A gran aposta de Galicia Calidade faise polo valor engadido, xa que non se busca cantidade a calquera baixo prezo, senón produción con calidade diferenciada.
Plan estratéxico
O obxectivo durante este 2020 é dar a coñecer este novo impulso, mediante un plan de acción estratéxico dirixido a prescriptores nacionais e internacionais, cun calendario que se estrutura en tres chanzos -galego, nacional e internacional-.
Galicia Calidade vai ser, ademais, unha aposta transversal e de implicación máxima da Xunta que se enmarca na Galicia Verde, a Galicia Innovadora (formación e investigación), a Galicia Moza e a Galicia Familiar.