Aínda lembro as historias dos anos de emigrantes en Alemania de moitos españois. De neno contábanme como, tras volver de pasar fame na posguerra, viron que, cun soldo de peón caminero, que pasaba máis tempo en paro que traballando, non podía dar para comer á súa incipiente prole.
Algúns decidiron emigrar a Alemania e apuntáronse a ir traballar como Gastarbeiter a unhas bases militares americanas preto de Frankfurt do Meno. Alí realizaban todos os traballos que nin os soldados americanos, nin os soldados alemáns, querían realizar, derrotados na Segunda Guerra Mundial.
Moitos españois despois de 40 anos trabando en Alemania só aprenderon a dicir Bier, Brot, Sauerkraut, Kartoffelnsalat, Wurst e, por unha anécdota que hoxe prefiro non contar, Spanische Scheisse. Esperaban impacientes na estación o tren que os levaría á cidade que deu nome ao perfume máis antigo do mundo. Entón tiñan dúas opcións: traballar como xardineiros en Hannover ou como mineiros en Colonia. Non o pensaron moito, eran novos e crían que traballar na mina non sería tan duro.
Así comezaban a súa aventura como Gastarbeiter -”traballador invitado” en alemán- na mina de carbón de Zollverein, a máis grande e moderna do mundo e que, na actualidade, constitúe un exemplo representativo do desenvolvemento da industria siderúrxica en Europa.
Moitos dos españois que chegaron aquí a finais dos 60 pensaban que os alemáns ataban os cans con longanizas. Crían que con traballar un ano gañarían suficiente para regresar a España e comprar unha casa. Despois dese ano, dábanse conta de que non gañaran suficiente así que decidían quedar un ano máis. A maior barreira que se atopaban os Gastarbeiter ao chegar aquí era o idioma. Moitos vían a súa estancia en Alemania igual de temporal que o seu contrato. Ao fixar sempre unha data de volta, non se esforzaban en aprender alemán e, por tanto, non podían aspirar a un posto mellor. Hai pouco marchou un paisano noso, que estivera máis de 50 anos, e que nunca aprendeu o idioma alemán.
«A historia da emigración española está chea de mentiras, maquillouse convenientemente e todos cremos esa versión, porque é máis duro enfrontarse á verdade e á historia». «O tren da memoria é unha homenaxe á dignidade dunhas persoas que sufriron moito e que espertaron os sindicatos e as reivindicacións laborais en situacións moi difíciles. Entón había máis solidariedade, porque unha gran maioría traballaba en fábricas, agora os emigrantes están máis dispersos e resúltalles máis difícil agruparse».
“Estas barracas usábanse, antes de vir as expedicións de españois, como cuadrizas de cabalos. E entón trouxéronnos aos emigrantes aquí, e cando aquelo acabouse, fíxose a Sociedade Protectora de Animais e isto tíñano como rehabilitación dos animais. A historia é así: animais, persoas, animais… O próximo non sabemos o que será!”.
Aqueles que, seguindo a demagoxia irresponsable, acusan aos españois de non lembrar a súa propia historia como país de emigrantes agora que chega a inmigración, minten. Os españois lembramos moi ben estas historias familiares ou persoais de emigración. É por iso que entendemos que é un tema que debe tratarse con moita responsabilidade. A inmigración é unha riqueza para a sociedade de acollida e unha perda para a de partida.
Con todo o tratado anteriormente, apréciase que esa intención de mellorar, de superarse e, en resumo, de obter benestar familiar ao emigrar, non foi do todo satisfeita pola maioría dos emigrantes en Alemania. De aí as súas intencións de retorno, de preferir estar en España coas familias e reinsertarse laboralmente nas súas localidades de orixe, a quedar en Alemania “sobrevivindo”, “traballando para comer e vivir” ou sen ter a opción de “aforrar”.
José Mateos Mariscal