Con motivo do seu quinto aniversario, comezando o 6º curso de actividades educativas, falamos con Mauro Santos, director de NENOOS, sobre a súa traxectoria de emprendemento educativo.

NENOOS é un espazo educativo comprometido cun ensino innovador implantado na nosa cidade desde o ano 2014. O obxectivo fundamental do proxecto é dar resposta ás necesidades do alumnado e as súas familias a través de diferentes programas baseados nun método de traballo integral que desenvolve corpo, mente e emocións e gamifica a aprendizaxe. Situación a situación, cambio a cambio, tendencia educativa a realidade educativa o I+D+i de NENOOS nunca deixa de traballar.
Atopados na rúa Pura e Dora Vázquez nº 23 Baixo, ao carón do parque Barbaña, contan cun centro diáfano, luminoso e adaptado a nenos/as de entre os 0 e os 16 anos no que garantizan unha aprendizaxe significativa, divertida e experimental. Ademáis de ser prestador de actividades extraescolares a colexios e organizacións de índole diversa.

Froito do I+D+i, NENOOS evoluciona dos 2 programas de 2014 a contar na actualidade con 9 programas (NENOOS 360, NENOOS emprendedores, NENOOS tech, Smart NENOOS, Baby NENOOS, NENOOS academy, NENOOS writing club, Educando con emoción e Obradoiros en familia) cun plantexamento didáctico e pedagóxico integral que abrangue as dimensións humanas do corpo, mente e emocións.
Traballan contidos como a robótica e o pensamento computacional, a mecanografía e lectoescritura, os valores do emprendemento, matemáticas manipulativas, conciencia corporal e motricidade con Brain&Move, lecer experimental, xeneran momentos educativos en familia, educación emocional para familias, entre outras. No que aprender facendo é a base e que «buscan desenvolver capacidades, aptitudes e actitudes que favorezan a creatividade, as habilidades sociais e as condutas prosociais, as habilidades tecnolóxicas, reforzan as capacidades mentais e de atención ademais de fortalecer os hábitos para estudar e desenvolverse na vida dunha forma autónoma e plena dende idades temperás». Un dos lemas deste centro é «se queres preparar aos teus fillos/as para o mundo que vén, NENOOS é o teu centro educativo de referencia complementario ao cole».

De cara a este curso 2020/2021, e coa actual situación, non queren deixar de lado a familias que queiran acudir ás súas actividades de forma presencial. Teñen todo preparado para a volta ao curso escolar, con todas as medidas de seguridade e prevención que van marcando as autoridades sanitarias: máscara desde os 3 anos, mesas con 2 metros de distancia, xel hidroalcohólico e lavado de mans frecuente, toma de temperatura na entrada e saída. Na aula descalzos ou con calzado só para NENOOS, ademais de contar con grupos reducidos e fixos durante todo o curso.

Novidades
Mauro Santos é consciente de que esta pandemia nos abofeteou a todos/as e que era preciso xerar un cambio a forma de facer as cousas en NENOOS Ourense, deste xeito e de cara a este curso brindarán moitos dos seus programas ademáis de forma presencial no seu centro, con formato online e con servicio de mestres/as a domicilio.
Ademáis dos seus programas de ritmo semanal, ofertarán tamén durante o curso escolar o seu programa Smart NENOOS, de carácter lúdico e educativo, tan ben valorado polas familias que acoden nas vacacións escolares e que atenderá de luns a vernes a nenos/as entre 3 e 5 anos en horario de mañá e entre 3 e 12 anos en horario de tarde. Contando con diferentes actividades dirixidas e recunchos de xogo libre, comezando dende o 28 de setembro ata o 31 de maio.
Outra novidade que traen de cara a este quinto aniversario, son as colaboracións con proveedores externos que se alinean ca súa filosofía de traballo con nenos/as. Contarán con Aula desafío (empresa galega), co seu programa de Programación e Robótica educativa (Impresión e Deseño 3D, programación con Scratch, robótica, creación de mundos virtuais, drons, etc.) e contarán tamén con O Taller de benestar (empresa ourensana), onde Moi e Adriana nos deleitarán cun programa de cociña e educación nutricional para pequenos/as e familias.

Que é NENOOS?
Para rematar, o director do centro, Mauro Santos explica que se fai en NENOOS para aqueles que aíndan non coñecen o centro. «Lles diríamos primeiro grazas por querer coñecernos e logo lle explicaría que somos unha academia diferente. Onde os nenos/as e familias poden facer unha serie de actividades/programas durante o curso escolar e vacacións cun alto valor educativo que lle servirán para o colexio, relacións familiares, descubrir afeccións, controlar a conducta, aumentar autoestima e que desenvolven capacidades intelectuais, personais, sociais e emocionais moi, moi necesarias para moverse neste mundo tan cambiante que lles está tocando vivir«. «Solo nos queda convidalos a coñecer as súas actividades, de seguro que non lles deixarán indiferentes. No mes de setembro atenderán con cita previa e realizarán presentacións en liña dos seus programas (colgadas datas nas súas redes sociais)».
Ademais incide en que coma educadores/as, como pais e nais «debemos ser conscientes da gran responsabilidade que temos entre mans», pero entre todos «podemos seguir adiante coas nosas rutinas, garantindo unha infancia con xogos, motivación e curiosidade”.