Logrou o empate ante o Ural no tempo de engadido.

O Pabellón rabuña un punto para comezar

O Pabellón rescatou un punto (1-1) no tempo de prolongación para un máis que merecido empate contra o Ural da Coruña na cita inaugural do Grupo A1 da División de Honra Xuvenil. Na primeira parte os de Cándido Gómez tiveron máis iniciativa co rival, polo menos chegaría máis veces ao área gozando das mellores ocasións por medio de José, en dúas oportunidades, e Marcos.

Neste periodo os visitantes apenas inquietaron a portería local salvo nun par de accións a balón parado na que zaga local no deu opción. Sin goles, pero coa sensación de que o Pabellón merecía máis que o empate, chegaría o descanso.

Gol visitante
Vista a primeira metade ninguén pensaba que o comezo do segundo tempo marcaría o resto da confrontación de forma negativa para os ourensáns. No minuto inicial os herculinos situaríanse por diante cun gol en propia meta de Civile no seu intento de desviar un balón na disputa cun rival que temáne pillaría a contra pé a Alberto.
Co marcador en contra o Pabellón lanzouse na búsqueda do marco contrario con máis ahínco e dispuxo de oportunidades moi claras, as mellores nas botas de José, por dúas veces, e Ribao, pero o gol estaba moi caro para os merecementos dos de Cándido Gómez.
Según pasaban os minutos, es despois de que o técnico local dese entrada a homes de refresco para accionar as bandas, a incertidume adueñouse do partido, nun tramo final cos franxiverdes volcados en ataque e co Ural saíndo á contra pero freado pola boa labor da defensa pabellonista e cun Alberto que estivo incomensurable en dous provinenciais mans a mans.

Premio
Cando agonizaba o partido Ribao conseguiu rematar un centro lateral para levar o balón ao fondo da rede rival nun remate coa testa.
Era un xusto premio ao esforzo realizado polo equipo e que finalmente soubo a pouco por todas as ocasións que tiveron os locais para levarse a vitoria.