A portada trae o titular «Por un Nadal con sentidiño». A provincia de Ourense reinvéntase para programar actividades durante estas datas festivas pero coas medidas de seguridade para previr a covid. Verín, Xinzo de Limia, Allariz e Ourense traen unha extensa programación.
Ademais, os conxuntos deportivos de Ourense despiden o ano nas súas respectivas competicións e xa pensan no 2021.
A Xunta de Galicia xa fixo as recomendacións para as celebracións deste Nadal, para que sexa o máis seguro posible. A Operación Quilo chega ao seu final e agora toca repartir todo o recollido. O lapis solidario -que este ano cumpre 15 edicións- prolóngase ata o 6 de xaneiro.
O Mercedario investiga sobre “A matanza”; o Museo de Verín busca información para realizar accións divulgativas.
Premian a 84 viños da DO Monterrei na ‘Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021’.
A Limia pide ser incluída no plan de regadío estatal; así o acordou o Comité de Seguimento de Regadíos da Limia. O Concello de Xinzo abre varias vías para axudar ao comercio local adicará 300.000 euros para apoiar aos sectores máis afectados pola pandemia.
Drons para controlar a biomasa en Barbadás; inspeccionáronse máis de 1.700 parcelas e enviáronse máis de 1.100 notificacións. Os vándalos cébanse co mobiliario urbano; o acendido de Nadal tamén sufriu desperfectos.
Un orzamento de seis millóns de euros para dinamizar a economía. Allariz aprobou o presuposto para 2021. Un Peto dos Desexos máis cheo que nunca repartirá 5.000 euros en premios.
Unha exposición narra a epopea migratoria galega na illa de Cuba, na Casa dos Poetas de Celanova ata o 24 de xaneiro.
Xudit Casas e o seu «Un grano de arena sí es una montaña»; trátase dun libro de relatos de ficción.
Medalla para o Artai na organización do Campionato de Galicia de kungfu; celebrouse nas súas instalacións o campinato rexional deste ano. O COB pecha o ano no Paco Paz este mércores, 23 de decembro, ás 20.30 horas fronte Valladolid.
Artigos, humor, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha