Como é habitual nos últimos meses á portada traemos o tema da crise sanitaria da Covid. Moitos dos concellos ourensáns están el alerta máxima -sendo Xinzo o que máis preoucupa e conta con medidas excepcionais (prohibindo as reunións con non convivintes). Ademais, a provincia se queda sen o Entroido de 2021 debido á pandemia. Outra das novas destacadas, esta moito máis amable, é a apertura do pavillóns dos Remedios tras unha remodelación integral.
As obras de Seixalbo xa están en fase de expropiación. A Subdelgación do Goberno segue a repartir ás adiministración e entidades máscaras distribuíndo preto de medio millón. O Concello comprométese a dar 50.000 euros a AECC para a súa nova sede.
En Verín, a banda de música Nova Era realizou pequenos concertos nas residencias de maiores a principios de ano. Celebrarase o I “Entroido Musical” para manter, este ano, viva esta festa. O Concello aproba un orzamento de 11,8 millóns de euros.
En Xinzo creáse unha comisión para impulsar a saída da crise da que formarán parte dela a alcaldesa e os concelleiros de Servizos Sociais e Urbanismo. Primeiros pasos do Plan estratéxico da Limia para telo rematado este ano.
En Barbadás, tamén aprobaron o seu orzamento cunha lixeira subida con respecto ao ano pasado; a cifra ascende aos 6,8 millóns de euros.
Os vales do Petos dos Desexos de Allariz poderan usarse ata o 30 de abril. Allariz continúa a ser un referente no que a reciclaxe se refire; de vidro recolectaron 209.830 quilos.
En Celanova, na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, inauguran unha glorieta co lema “Onde o mundo se chama Celanova”, nome dun libro de poemas do artista. Plácido L. Rodríguez logra o primeiro premio no concurso de fotografía da I Semana analóxica.
En deportes, o COB incorpora a Evan Yates e Andre Spight para intentar darlle a volta a unha situación que comeza a preocupar. Ocupa a última posición e loitará por non descender.
Tres equipos ourensáns de Terceira división de fútbol non puideron xogar o partido da última xornada; o Arenteiro acumula dous encontros adiados.
O CH Barrocás vén de proclamarse campión de hoquei sala.
Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha