Realizan un chamamento para que celebren o Entroido desde a casa.

Alumnado do IES García Barbón piden responsabilidade

Baixo este lema o alumnado do IES García-Barbón realiza un chamamento á poboación da comarca de Verín para celebrar, desde a casa, un Entroido excepcional con seguridade e responsabilidade. Xuntan as súas voces para pedir a colaboración cidadá a través do seguinte chamamento:

Cada tarde, durante a semana do Entroido ás oito saímos ás ventás e aos balcóns para aplaudirmos, esta vez, para facermos homenaxe ao MELLOR ENTROIDO DO MUNDO!
Todos os cigarróns e peliqueiros que temos as chocas na casa poñémolas ás oito da tarde e saímos aos balcóns a facer o estrondo do Entroido e non se fale máis…!

Atraente cada ano de milleiros de turistas, o Entroido de Verín este ano queda na casa para festexalo desde alí e demostrar que é o mellor do mundo, para manter as medidas sanitarias e para apelar á responsabilidade cidadá nesta situación de pandemia.

Enlace en Youtube do vídeo realizado polo alumnado do García Barbón: https://youtu.be/WCqnG8xinpg

SOURCE: Entroido con responsabilidade