O Concello inicia este xoves, 18 de febreiro, os traballos de reposición de firme nas rúas Álvaro Cunqueiro e Ramón Puga, na contorna do Complexo Hospitalario de Ourense. A actuación consistirá na reposición do firme existente con mesturas bituminosas en quente, e repintado dos sinais horizontais de tráfico, cunha superficie aproximada duns 4.000 m², e obrigará a modificar o tráfico na zona durante a execución dos traballos, que será dunha semana.
Os traballos iniciaranse na rúa Álvaro Cunqueiro, e ao finalizar as actuacións nesta rúa continuarase na rúa Ramón Puga. Desde este día, a rúa Ramón Puga será de dirección única de subida para todos os vehículos, dende a intersección coa rúa da Saínza ata a zona do Complexo Hospitalario. Non estará permitida a circulación de vehículos no sentido de baixada, dende a zona da residencia ata a rúa Xosé Cornide, excepto para os autobuses urbanos e os vehículos de emerxencias.
Desde o venres 19 de febreiro, cando comecen os traballos de reposición de firme na rúa Ramón Puga, esta pecharase completamente ao tráfico rodado, e só poderán circular por ela os autobuses urbanos e os vehículos de emerxencia.
Así mesmo, mentres duren as obras non se poderá estacionar vehículos nestas rúas, polo que o Concello de Ourense prega paciencia entre os condutores e usuarios da vía, e comprensión polas molestias ocasionadas.
SOURCE: Obras nos accesos do CHUOU