A Concellería de Educación pon en marcha este luns a campaña ‘Ti reciclas’ entre os escolares da cidade, unha iniciativa para a prevención e a protección do medio ambiente, para atender á produción de residuos dende o punto de vista da economía e do equilibrio social e natural.
O obxectivo desta área municipal é o de concienciar a mocidade da realidade da súa contorna o de fomentar entre a mocidade unha serie de medidas antes de que un produto se converta nun residuo inútil e prexudicial: “se reciclas, Ourense gaña”, afirman desde a área de Educación.
Esta experiencia vai dirixida a 443 alumnos de 5º e de 6º curso de Educación Primaria e de 1º e de 2º ciclo da ESO dos centros que a solicitaron.
SOURCE: campaña reciclaxe