Nesta ocasión, a portada volve ter á pandemia da Covid19 como noticia destacada. O temor a unha cuarta ola fai que as comunidades se pechen perimetralmente nesta Semana Santa que está ao caer. A Sala Valente de Ourense acolle a exposición ‘Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes’ de toda a provincia; poderase ver -con aforo limitado- durante marzo e abril. Unha nova ponte en Queizás -Verín- desconxestionará o tráfico pesado da vila.
Ourense segue en obras; a penúltima foi o parque de adestramento dos Ponxos, no barrio do Polvorín. Tres rúas do Couto mais as pistas exteriores do pavillóns dos Remedios son outras das actuacións do Concello.
Unhas obras farán que a Audiencia Provincial conte con nova climatización. Xunta e Deputación acordan o Plan funcional do centro galego de innovación da FP. A Subdelegación de Goberno conta con 5 alumnos da Facultade de Dereito do Campus de Ourense que cursarán prácticas externas neste organismo durante un período de 135 horas.
O Concello de Verín aprobou, definitivamente, o seu orzamento por 1,8 millóns de euros. Protección Civil verá incrementada a súa partida nun 20% este ano. O obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade V” conta con dous módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais e outro de froitocultura. Ademais, pon en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía. O número é o 663 98 79 01. O IES García Barbón conta cunha biblioteca totalmente remodelada.
O Concello de Barbadás e a Confederación Hidrográfica Miño Sil fan melloras de saneamento en Bentraces. A Xunta Local de Seguridade arrouxa unha baixada nos índices de criminalidade. O pleno aprobou unha moción para declarar Ben de Interese Cultural a igrexa de San Martiño de Loiro.
En deportes, o COB venceu no primeiro encontro da segunda fase, na que se xoga a salvación. En Terceira división de fútbol o Arenteiro xa é o vencedor do seu grupo; Ourense CF, Barco e UD Ourense xóganse na última xornada a opción de salvarse directamente. Esta fin de semana arrinca a segunda fase para os equipos ourensáns de fútbol sala (Ourense Envialia, Cidade das Burgas GLS e Sala Ourense).
Artigos, humor, clasificados e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 141