O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e co coordinador da “Ourense ICC Week”, Juan Rivas, para ultimar os avances da programación, a imaxe, e planificar a Semana das Industrias Culturais de 2021, que terá lugar no mes de outubro, días despois da clausura da vindeira edición do Festival de Cine de Ourense.
Baltar destaca deste evento “a aposta pola cultura nunha provincia como Ourense, territorio de creatividade, que fará que un ano mais contemos con destacados especialistas en diferentes vangardas de todas as disciplinas artísticas, e onde a música e a creación literaria terán un peso importante”. Ademais, salientou que a pasares de crise do COVID-19, ao igual que o ano pasado, a Ourense ICC Week acudirá á súa cita respectando todas as medidas necesarias. “En próximas reunións concretaranse os detalles da programación e das localizacións dos eventos en diferentes localidades da provincia, para que a ICC Week sexa, unha vez máis, un evento máis que atractivo non só en Ourense senón tamén en Galicia e no norte de Portugal”.
SOURCE: ICC week 2021