O Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da súa AMPA e da concellería de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín, están levando a cabo o ciclo de concertos “Emerxen os directos”.
Nunha campaña de dinamización da súa labor docente levada a cabo durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal, o CMUS acerca a cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música mais moderna a máis clásica, pasando polo estilo máis tradicional.
As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín (en horario de 17 a 20 horas). Pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade autónoma.
Próximos eventos
– AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE.
Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
– BIG BAND DO CMUS
Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
– TRÍO VOLUNTAS
Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
– CATRO CORES
Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.
– CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN
Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio C.P.R Mercedarios.
GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS
SOURCE: Emerxen os directos