José Paz, representa a figura máxima de «Humanista», forxada pola súa traxectoria vital ao abrazar a filosofía e doutrina de Tagore.
Unha vez máis os que mal gobernan miraron para outro lado e a ilusión de que a súa biblioteca quede en Ourense, así como o recoñecemento á súa gran obra e fundación da Casa de Ourense na India, non se tiveron en conta, vese que nesta casa ser culto está mal visto.
A cesión da súa biblioteca á Casa da India de Valladolid, foi o resultado de múltiples xestións que fracasaron, encamiñadas á doazón da súa biblioteca e legado prioritariamente á cidade dás Burgas, logo á Cidade da Cultura na que desexaba incorporar a súa colección de cinema. Tamén quedou patente o interese da India por trasladar á facultade de Visva-Bharati en Santiniketon este inmenso tesouro, lugar onde irán se a Casa da India de Valladolid desaparecese. Sente envexa sa de Vicente Risco que foi dos poucos galegos que puideron asistir a unha das conferencias que Robindronath Tagore deu en Alemaña e ao que lle fixo un retrato a plumilla. Conta orgulloso como o propio presidente da India, Pronab Mukherjee, tivo unhas palabras para el e a súa colección nun discurso dirixido ao Rei de España.
Unha vez máis a cultura irase rio abaixo polo vello Ganges ou polo calado Miño buscando o mar que lle dará universalidade e grandeza como espello do sol e reflexo as estrelas.
Miguel Anxo Martínez Coello
SOURCE: José Paz reúnese con Tagore