O 2º Deporcampus Terras de Maside ten aberta a súa inscrición (na web http://deporcampus.rcdeportivo.es/) para para os nenos e nenas, de 6 a 14 anos que queiran participar. O prazo rematará o 24 de xuño e as prazas están limitadas por mor da Covid19.
Esta segunda edición terá lugar do 28 de xuño ao 2 de xullo (ambos inclusive) e en horario de 10 a 14 horas). A inscrición inclúe unha equipación deportiva (camiseta, pantalón e medias); almorzo e merenda e máscara protección COVID DéporCampus; ademais realizaranse sorte de agasallos.
Grazas ao traballo que levan detrás moita xente, o primeiro ano foi un éxito de participación, polo que agardan repítase este ano.
Escolas deportivas
Aproveitando o acto, presentouse a campaña de altas e renovacións para as escolas deportivas Terras de Maside, se pode renovar e dar de alta de xeito telematico na web https://edterrasdemaside.com/.
Agardan este ano completar todos os escalóns de formación, desde iniciación, pasando por prebenxamín, benxamín, alevín e ata cadete. Este ano, debido ás dificultades da pandemia, só contaron con tres equipos en competición. Este ano, agardan, como mínimo repetir cos mesmos tres equipos, aínda que o desexo é completar os cinco disponibles.
SOURCE: Deporcampus Terras de Maside