Na portada facémonos eco das novas medidas fronte a Covid. A partir deste sábado, non será obrigatorio o uso da máscara en exteriores, salvo cando non sexa posible manter a distancia de1,5 metros coa xente.
Outra nova de calado é o acordo no Concello de Ourense entre PP e DO para que o primeiro regrese ao Goberno municipal.
En Verín presentaron a súa axenda cultural para este verán. E do ao 15 de xullo, 24 espectáculos representaranse na 26ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).
O Concello de Ourense prosegue coas obras de mellora das zonas rurais do concello. A Unidade de Custodia Hospitalaria conta con catro habitacións nunha superficie total de 218 m2. Constitúese a Comisión Provincial de Coordinación Policial na loita contra os lumes.
O Concello de Barbadás presenta a programación de verán que chega cargada de actividades. O Goberno local presenta unha web de medio ambiente para contribuír a que a cidadanía coñeza de xeito sinxelo e ameno a información interesante e útil sobre os residuos.
O Museo da Gaita ofrece visitas teatralizadas (a cargo do actor José Nóvoa) para percorrer a historia do instrumento.
Tras varios meses pechado, o Museo de Verín volveu abrir as súas portas o pasado 3 de xuño. As curtametraxes que se proxecten dentro da sección oficial a concurso do FIC Vía XIV de Verín poderán visionarse, por vez primeira este ano, en modo online.
Rematouse a primeira fase de substitución de luminarias públicas por iluminación LED. DO Monterrei e Expourense firman un convenio de colaboración polo cal a DO estará presentes nas distintas accións do recinto feira.
En deportes, a UD Ourense descende de categoría a Rexional Preferente. O kungfu ourensán brilla no Campionato de Galicia de kungfu moderno. O COB cambiará de mans nas próximas horas.
En temas culturais presentáronse dúas publicacións; por unha banda o número catro da «Revista Nós, xente do redor», e pola outra o libro “O mellor do Camiño de Santiago. A Vía da Prata”.
Artigos, sociedade, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 147