Tratase de un libro que recolle en prosa e en verso unha vida de sentimentos.

“Lírica Revuelta, Prosaía” é o novo libro de Avelino Jácome

O pasado mércores 28 de xullo tivo lugar no Salón Nobre do Liceo de Ourense a presentación do último libro do escritor e poeta Avelino Jácome, «Lírica Revuelta, Prosaía”.
O acto, organizado pola empresa ourensán Orixe Publicidade e Comunicación e a editorial Andrómena Senlleira, encargada da edición, foi presentado por Marina Sánchez, poeta e artista vencellada ao Grupo “Nós, a Xente do Redor”, interviñeron ademais do autor, o profesor, escritor e antropólogo Manuel Mandianes, prologuista da obra e o pintor Paco Ascón, que a ilustrou.

Tratase de un libro que recolle en prosa e en verso unha vida de sentimentos, unha escolma das creacións do poeta.
No acto xuntáronse persoeiros da cultura ourensán e autoridades. Estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Ourense don Rosendo Fernández, o poeta e presidente do Círculo Poético Ourensán José Ramón Fernández Morgade, o escritor e editor Bieito Ledo, o director do Museo Casa do Patrón de Codeseda Lalín Manuel Blanco Villar,o recoñecido pintor ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, Rubén Pintos o novelista pontevedrés e as poetas e Fina Cruz e Olga Nóvoa, ademais do crítico e asesor literario do autor Jávier Eneriz, entre outros.

Os asistentes completaron o aforo, os organizadores lamentan non poder dar acollida a aquelas outras persoas que quixeron asistir xa que non foi posible polas limitacións das normas por mor da Covid 19, agardando facer pronto un novo acto onde poidan acudir todos os que o desexen.

O libro pódese mercar nas dependencias de Orixe Publicidade, na rúa Francisco de Moure, 20 ou no Kiosco Marcos, na rúa Bedoya, ademais da dirección de correo electrónico avelino.orixe@gmail.com.

SOURCE: Lírica Revuelta, Prosaía