Na protada incluímos a vacinación, que nesta ocasión chegou ao grupo de idade comprendida entre os 12 e 16 anos. Tamén sacamos a Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín a quen entrevistamos previo á apertura da sexta edición. Outra entrevista é a de Avelino Jácome que presenta o seu libro «Lírica Revuelta, Prosaía». Ademais, A Valenzá cambia a súa iluminación de rúa.
O Concello de Ourense xa dispón de 62 millóns de euros -dunha modificación orzamentaria- que lle servirá para acometer proxectos como o cambio dos autobuses urbanos ou as escaleiras mecánicas prometidas polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
A Xunta de Galicia recibe cinco proxecto para a ampliación do Hospital de Ourense. O IES Blanco Amor sofrirá unha reforma integral cun prazo de execución de cinco meses.
O Pazo Provincial será, no futuro, un hotel balneario. A cidade estreou, na zona de Barrocás, unha nova área de calistenia.
Verín contará cunha nova oficina de emprego no primeira semestre de 2022. O comercio local presentou o seu plan de actuación co que pretende estar máis preto dos cidadáns.
O Museo de Verín acolle sendas exposicións: unha adicada ao cambio climático e outra ao viño. A programación alternativa da Feira do Viño da DO Monterrei tivo tirón e logrou completar aforo nas súa actividades programadas. As Xornadas de Novela Histórica regresan os días 1 e 2 de outubro.
A praza do Conservatorio de Xinzo será un auditorio ao aire libre. Concello e CHMS ampliarán o paseo do río Limia. O Concello contrata a cinco persoas en risco de exclusión para reforzar traballos de limpeza.
En Barbadás mellórase o acceso aos centros comerciais. Continúan as visitas teatralizadas ao Museo da Gaita. O sábado, 28 de agosto, haberá sendas masterclass de boxeo e ioga e zumba.
Celanova celebra esta fin de semana a V Feira do Stock. A praza Maior xa é peonil despois da polémica suscitada. Últimos días para ver a exposición de pintura de Tareixa Taboada.
En Allariz está todo preparado para que do 8 ao 11 de setembro teña lugar o festival RiR. Esta fin de semana celébrase a Feira da Oportunidade. Allariz recicla un 31% máis de textil que o semestre pasado.
En deportes facemos un repaso de todas as ligas que comezan nas vindeiras semanas e que contan con representación ourensá. O alcalde de Ourense comprométese a apoiar o xadres e o volei praia. O club Salvour de salvamento acuático logra oito medallas na Copa Galicia de salvamento.
Artigos, clasificados, ocio e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 150