Terror en Ourense é o título da portada na que o «Ourense mete medo» colle protagonismo. Despois de que o ano pasado suspenderase esta celebración, o Concello de Ourense retomouna no 2021 para ledicia de milleiros de ourensáns e visitantes que «asaltaron» as rúas do casco histórico da cidade para celebrar o Halloween/Samaín.
Do 3 ao 7 de novembro Expourense acolle o 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar; outro evento na cidade que regresa trala pandemia provocada pola covid-19.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, compareceu en rolda de prensa para dar conta de temas de actualidade tales como: a nova denuncia interposta contra el, a licitación dos autobuses ou os funcionarios do concello.
A Xunta puxo en marcha a campaña de vacinación antigripal que se prolongará ata o 31 de decembro. Ademais coincide coa terceira dose contra o coronavirus aos maiores de 80 anos.
As obras sucédense no municipio. Os parque están mudando de cara; construiranse sendas peonís en Montealegre e Valdoregueiro; un mirador en Trasalba; e o Goberno central licitou un tramo da variante Norte. Ademais acondionase a rúa Nosa Señora da Saínza. A cidade conta con novos puntos para depositar as pilas usadas.
Os Ecovixiantes de Franciscanas continúan coa súa gran labor en prol dun mellor medio ambiente limpando parques e ríos de todo tipo de suciedades.
En Verín aprobáronse as contas de 2020 e o expediente de redución de gasto. A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) repartirán 6.000 euros entre os seus clientes dentro da campaña «Os 6.000 de Verín».
A ponte de Queizás xa está operativa para o tráfico rodado. A campaña de vendima da DO Monterrei foi histórica ao recoller máis de 6,2 millóns de quilos; tamén organizou a denominación as 10as Xornadas de Portas Abertas. Xunta e Deputación impulsan a Festa da Vendima de Monterrei.
O IES García Barbón pon en marcha as Xornadas de Emprendemento. Éxito de participación tanto das Xornadas de Novela Histórica como a Festa da Cervexa.
En Barbadás forman aos traballadores de Carrefour en emerxencias. O concello conta con tres novos vehículos de baixa emisión. O Goberno local disporá do remanente para mellorar infraestruturas.
O Parque da Ingualdade do encoro de Cachamuiña será pronto unha realidade. O Centro Cultural Marcos Valcárcel organiza a sétima edición de Cata e Arte cos viños da DO Ribeiro como protagonistas.
O 33,6% das vítimas de violencia de xénero en Ourense son estranxeiras. A Xunta actuará en 28 albergues de peregrinos ata final de ano.
En deportes, o COB suma a cuarta vitoria consecutiva (e sitúase líder) e o Carmelitas a terceira.
O Sala Ourense cae na casa diante do Santiago Fútsal; o Envialia suma a primeira vitoria da tempada a costa do Torcal; e o Cidade das Burgas empata contra o Ferrol.
O Arnoia consegue a primeira vitoria na 3ª RFEF mentres que o Ourense CF vence ao Barco en Calabagueiros. O Arenteiro non pasa do empate na súa visita ao Bergantiños. E na Preferente, o derbi ourensán saldouse coa vitoria da UD Ourense ante a UD Barbadás. O Verín venceu no seu encontro, pero non foi así para Velle, Nogueira e Polígono.
Artículos, humor, sociedade, economía e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 154