Este mércores, 17 de novembro, o Cineclube Padre Feijoo proxectará na súa sede a película independente americana «First cow», da directora Kelly Reichardt. Haberá dous pases (ás 18 e 21 horas) na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11).
O film narra a historia dun cociñeiro (John Magaro) contratado por unha expedición de cazadores de peles, no estado de Oregón, na década de 1820. Tamén a dun misterioso inmigrante chinés (Orion Lee) que foxe duns homes que o perseguen, e da crecente amizade entre ambos nun territorio hostil.
A entrada ten un custe de 4 euros para socios e 5 para público en xeral. Aforo para 55 butacas.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo