O sábado 20 de novembro, o Concello de Verín colabora na organización dun roteiro interpretativo polo río Támega cuxa finalidade será concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo. A mesma está enmarcada dentro do “Proxecto Libera: 1m² contra a Basuraleza” promovido por Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro; SE/ BirdLife, a ONG ambiental decana de España e centrada na defensa das aves e os seus espazos naturais; e por Cabreiroá, a través da súa iniciativa “Origen”.
Neste roteiro, que terá lugar no tramo urbano do río Támega de Verín, os participantes irán acompañados por un guía naturalista que realizará unha interpretación dos recursos naturais observados durante o percorrido. Ademais, nesta ocasión, mostrarase como realizar unha caracterización de basuraleza, unha acción de ciencia cidadá que pode achegar valiosos datos para combater este grave problema ambiental.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden inscribirse, ata o venres 19 de novembro, ás 15:00 horas, no email inscricions@verin.gal. A saída terá lugar ás 10:00 horas desde o aparcamento público da Preguiza, sendo a hora de prevista de finalización as 13:30 horas. Actividade apta para todo público. Teléfono de contacto: 615 34 38 79.
Proxecto Libera: Unidos contra a Basuraleza
Con esta iniciativa o Concello de Verín únese ao “Proxecto Libera: Unidos contra a Basuraleza” impulsado por Ecoembes, e que conta coa colaboración activa de Cabreiroá a través do seu proxecto “Origen”, que ten como propósito xerar un impacto positivo na súa contorna, a través dunha serie de iniciativas que teñen sempre presente o respecto pola natureza. Proxecto Libera concibiuse no ano 2017 para frear as consecuencias da basuraleza (lixo abandonado nos espazos naturais) detectada nos diferentes ecosistemas españois.
SOURCE: Campaña basuraleza en Verín