As películas proxectaranse os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro.

A candidata perfecta, Bacurau e O Círculo, no Padre Feijoo

O Cineclube Padre Feijoo vovle á carga esta semana con tres películas que proxectará na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11).

A candidata perfecta
A primeira delas chega coa colaboración ca Concelleria de Igualdade de Ourense nas suas celebracións do 25/N día internacional pola erradicación da violencia de xénero. Así, este 30 de novembro, proxéctase A candidata perfecta, en única sesión ás 20.30h e con acceso de balde.
Unha muller está obrigada a retroceder nun aeroporto por mor do seu gardián masculino, cuxos papeis non están en orde. Motivada por este feito, decide iniciar unha campaña para loitar contra as regras machistas que prevalecen en Arabia Saudita en relación ao comportamento social e a influencia da familia sobre decisións importantes e que deberían ser unipersoais.

Bacurau
Para 1 de decembro está prevista Bacurau. Nun futuro próximo o pobo de Bacurau chora a morte da súa matriarca Carmelita, que faleceu aos 94 anos. Algúns días máis tarde, os habitantes decátanse de que o seu pobo está a ser borrado do mapa.
Haberá dúas sesións ás 18 e 21 horas. Prezo: 4 euros asociados, 5 para público en xeral.

O círculo
E o día 2 de decembro a proposta é O círculo, un proxecto sobre a crise da masculinidade. Un grupo heteroxéneo de persoas reúnense ao redor dun círculo para falar sen censuras desde o máis profundo, con todas as luces e as sombras. Tan só teñen unha cousa en común: son homes. En cada unha destas sesións, cada un deles conta a súa experiencia en primeira persoa desde o seu punto de vista masculino.
Única sesión ás 20.30h con acceso de balde.

SOURCE: Cineclube Padre Feijoo