O centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar colabora co Banco de Alimentos solidario de Barbadás.
A Subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario de Pereiro, Carla García, fixo entrega de todos os alimentos achegados polos traballadores/as destinados ao Banco Solidario de Barbadas. A entrega foi recollida pola concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Barbadas, Elisabet González.
Todos estes alimentos foron depositados polo persoal do centro penitenciario no punto de recollida que se dispuxo nas oficinas da instalación de Pereiro de Aguiar dende o día 22 de novembro ata o 2 de decembro. A colaboración con esta iniciativa solidaria do centro penitenciario supuxo a recollida de un total de 11 caixas cun peso aproximado de 165 kg.
Elisabet González agradeceu a solidariedade do colectivo de traballadores/as do centro penitenciario co Banco Solidario de Barbadás.
SOURCE: banco alimentos Barbadás