O cineclube Padre Feijoo retoma a sua programación co primeiro ciclo do ano que co nome de Abisal, traerá ao salón da Casa da Cultura na rúa Concello, 11 unha selección de 11 títulos, incluindo varios de producción soviética que focalizarán os luns de Filmoteca, e na sección dos mércores unha significativa miscelánea incluindo cine.
A primeira película que se proxectará será este mesmo mércores, 19 de xaneiro, e será a obra de Andrei Konchalovski, «Queridos camaradas». Habéra dúas quendas: ás 18 e ás 21 horas. A entrada é de 4 euros para socios e 5 para público xeral. A taquilla está aberta media hora antes de cada sesión e nos 15 primeiros minutos priorízase aos asociados. O aforo é de 50 prazas.
«Dorogie tovarishchi!» Queridos camaradas
Novocherkask, Unión Soviética, 1962. Lyudmila é membro do partido comunista local. Defende os ideais do réxime comunista e despreza todo tipo de disidencia. Durante unha folga laboral nunha fábrica de motores, observa como o exército comandado polo goberno dispara contra os manifestantes e comete unha masacre. Ese evento cambiará a súa visión das cousas. Coa cidade destruída e sacudida polos disturbios, hai moitas persoas feridas e desaparecidas. Unha das desaparecidas é a filla de Lyudmila, o que obrigou a buscala no caos.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo