A escritora e ilustradora Estefanía Padullés presenta este luns, 28 de marzo, en Ourense e Allariz o seu último álbum ilustrado, Que mal día, Gato Klops! con sendos contacontos e obradoiros de ilustración. As citas serán ás 17h na biblioteca da Casa da Cultura de Allariz e ás 19h na Libraría Punto e Coma de Ourense.
Que mal, día Gato Klops! é a segunda entrega da saga protagonizada por este simpático felino, tras o exitoso O desexo do Gato Klops e o sexto título publicado por Hércules da autora de orixe catalá afincada en Paradela (Lugo). Está editado en castelán, galego e catalán. Nesta ocasión, ao gato Klops o día non lle pode ir peor: pícanlle os mosquitos, chove, a avoa bérralle… que máis pode acontecer? De súpeto, unha estrela aparece diante do seu fociñiño… E ao final será un día tan malo para Klops?
Sobre a autora
Nacida no Pirineo catalán e licenciada en Bioloxía pola Universidade de Barcelona, Estefanía Padullés iniciou a súa carreira literaria despois de mudarse a Galicia, en concreto vive en Paradela (Lugo). Nos últimos años, converteuse nunha referencia en literatura infantil con obras como O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, ¿A manchas ou a raias? e Leopoldo, o pequeno monstro, a súa última creación.
Evento: Contacontos y presentación do libro Que mal día, Gato Klops!
Data: Luns, 28 de marzo
17h Biblioteca da Casa da Cultura de Allariz (Castelo, s/n, Allariz)
19h Libraría Punto e Coma (Rúa da Paz, 15, Ourense)
SOURCE: Estefanía Padullés