O Cineclube Padre Feijoo comeza maio co dúas propostas asiáticas para o luns, 2 de maios, e o mércores día 4. As proxeccións, coma sempre, na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11).
Luns, 2 de maio
A muller que escapou, do director coreano Hong Sang-soo
En canto o marido está en viaxe de negocios, Gamhee visita tres amigas de sempre: Youngsoon, amante do seu xardín; Suyoung, profesora de pilates e Woojin, propietaria dun pequeno cine. Coas tres fala sobre o pasado, as súas relacións e escoita anécdotas das súas vidas. Gamhee non se separou do seu home en 5 anos. Ata en tres ocasións, vai suceder un feito singular: un individuo xorde de maneira inesperada e interrompe o tranquilo fío das súas conversas.
Horario: 20.30 horas. Prezo: 2 euros asociados; 2,5 euros non asociados.
Martes, 4 de maio
A última película, do director indio Pan Nalin
Samay, un neno de 9 anos que vive coa súa familia nunha aldea remota da India, descobre o cinema por primeira vez e queda absolutamente hipnotizado. Contra os desexos do seu pai, volve ao cinema día tras día e faise amigo do proxeccionista que, a cambio da súa comida, déixalle ver películas gratis. Rapidamente dáse conta de que as historias se converten en luz, a luz en películas e as películas en soños. Contaxiados pola emoción, Samay e os seus amigos investigan sen descanso para tentar captar a luz e perseguir os soños.
Horario: 18 e 21 horas. Prezo: 4 euros, socios; 5 euros, público xeral.
SOURCE: Cineclube Padre Feijoo