O Clineclube Padre Feijoo proxecta para esta semana dúas novas películas; Crash e Slalom son os seus títulos. Proxectranse na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11).
Crash
O luns, 16 de maio, ás 20.30h, chega esta obra de David Cronenberg que levara o Premio especial do xurado no Festival de Cannes en 1996.
Entrada: 2 euros, socios; 2,5 euros, non socios.
Sinopse
Cando unha noite, James Ballard esnafra o coche contra o de Helen, máis aló das feridas e do ingreso no hospital, algo sorprendente sucede. Ambos pasan a experimentar unha singular atracción mutua. A partir de aí, a vida de James camiña por un mundo escuro, prohibido e intenso, un mundo onde dominan o perigo, o sexo e a ameaza da morte.
Moi controvertida desde a súa estrea no Festival de Cannes 1996, á narración de Ballard e á mirada clínica ou ao humor negro, Cronenberg suma a confluencia de Eros e Tánatos ou unha irónica mirada sobre os corpos condenados a fundirse coa tecnoloxía.
Slalom
Para o mércores, 18 de maio, ás 18 e 21 horas, tócalle o turno a Slalom, de Charlène Favier. Foi premiada no Festival Internacional de Tarragona, onde o Cineclube Padre Feijoo participou nun dos xurados.
Entrada: 4 euros, socios; 5 euros, non socios.
Sinopse
Liz (Noée Abita) é unha brillante estudante de 15 anos e unha gran esquiadora. Da man de Fred, un esixente adestrador, Liz comeza a colleitar grandes éxitos cos esquís, pero a súa relación co seu adestrador comeza a traspasar o deportivo e levaraa a un escenario moi desagradable.
SOURCE: cineclube Padre Feijoo