Catro películas trae o Cineclube para esta semana.

O Cineclube Padre Feijoo remata o ciclo de Luns de Filmoteca por este curso. Ademais proxectaranse tres película máis, unha delas no Café Cultural El Pueblo (rúa Hernán Cortés, 26), o resto, coma sempre proxectaranse na Casa da Cultura, rúa do Concello 11 (antiga biblioteca pública).

Josep
Luns 30 de maio.
Casa da Cultura, rúa do Concello 11
Hora: 20.30 hora (2 euros socios, 2,5 euros non socios)

Neste ultimo Luns de Filmoteca -30 de maio- do curso, o cineclube estrea por fin a Mellor Película Europea de animación do ano 2020, a francesa Josep dirixida polo artista Aurel, que se centra nos campos de internamento de refuxiados republicanos en Francia de 1939.
En febreiro de 1939, superado pola vaga de republicanos que foxen da ditadura de Franco, o goberno francés opta por confinar os españois en campos de concentración. Nun daqueles campos, dous homes, separados por un arame de púas, establecen unha amizade. Un deles é Josep Bartoli, un debuxante que loita contra o réxime de Franco.

Beastie Boys Story
Martes 31 de maio
Café & Pop Torgal (Celso Emilio Ferreiro, 20)
Hora: 20.30 hora (de balde)

Empeza a Primavera Musical cun documentario centrado na carreira do grupo Beastie Boys realizado por Spike Jonze en única sesión no Café & Pop Torgal (Celso Emilio Ferreiro,20) ás 20,30 e con acceso de balde.
Mike Diamond e Adam Horovitz, dous dos membros de Beastie Boys, ofrecen a súa visión íntima e persoal sobre a historia da súa banda e de máis de 40 anos de amizade. Tras 25 anos desde a estrea do videoclip de Sabotage, o director SpikeJonze volve reencontrarse coa banda nun documental inspirado no libro de memorias Beastie Boys Book para render homenaxe a Adam Yauch, un dos integrantes do grupo falecido en 2012.

The Rocky Horror Picture Show
Mércores 1 de xuño
Casa da Cultura, rúa do Concello 11
Hora: 20.30 hora (4 euros socios, 5 euros non socios)

O cineclube Padre Feijoo reservou para a sua sala este clásico do cine musical dos anos 70 dirixida por Jim Sharman e protagonizada entre outros por Tim Curry, Susan Sarandón e Meat Loaf. En única sesión ás 20.30h na Casa da Cultura con entradas a 4 euros para asociados e 5 para público xeral.
Unha parella nova recentemente comprometida, atópanse perdidos no medio dunha tormenta e trala avaría do coche, procuran refuxio nun castelo, onde o doutor Frank-N-Furter, vive entregado á fabricación dunha especie de Frankenstein.

Lust & Sound in West-Berlin 1979-1989
Xoves 2 de xuño
Café Cultural EL PUEBLO (Rúa Hernán Cortés, 26)
Hora: 20.30 hora (de balde)

Documental alemán sobre unha das etapas máis descoñecidas e creativas da vida musical de Berlín.
Antes da caída do muro, Berlín occidental era o epicentro dun movemento artístico subterráneo na década dos 80. Mark Reeder, un músico de Manchester, viaxou a aquela cidade atraído pola súa escena musical e terminou no centro dunha xungla urbana en constante tensión política e cultural. Este documental é un collage realizado con vídeos caseiros de Reeder e material de arquivo que retrata o caos dese período, empezando cos punks e finalizando co Love Parade, nunha cidade onde todo parecía posible.

SOURCE: cineclube Padre Feijoo