A portada desta vez trae a reordenación que pretende facer o Goberno local de Ourense no trasporte urbano antes de rematar o verán. Marco é o primeiro rapaz nado en Ourense dunha refuxiada ucraína. A capital celebra o Día do Orgullo LGTBI+ con varias actividades. Está aberto o Festival Internacional de Xardíns de Allariz. E a Raigame regresou a Vilanova dos Infantes por todo o alto.
O Espazo Lusquiños reabre e énchese de actividades; ademais tamén se poderán utilizar os catro locais de ensaio. Centros educativos e a Aula da Naturza acollerán actividades de verán. O concello remodelará 19 parques infantís. Un pleno extraordinario para lograr unha modificación de crédito de 45 millóns de euros.
O CDR de Ourense contará cun ascensor. 12 obradoiros de emprendemento e innovación do 20 de xuño ao 7 de xullo.
En Barbadás, o Campus «Os Patos» contará con 10 quendas. Está aberto o prazo para inscribirse na Escola de música. Todo listo para unha nova edición da Festa do Boi. Allariz lanza unha campaña de limpeza. A escola sexolóxica de verán terá lugar do 26 ao 28 de agosto.
Celanova acolleu unha xornada micolóxica. O órgano de Celanova ten unha actividade frenética con moitos concertos e clases didácticas. As entradas para o concerto de Miguel Ríos xa están á venda. A Xunta instala marquesiñas en sete concellos da provincia. 24 entidades de economía social benefícianse do Bono Consolida. Unha pick-up para protexer o medio ambiente en San Cristovo de Cea.
En deportes, presentouse o 55º Rali de Ourense que terá lugar os días 17 e 18 de xuño. O Correndo por Ourense regresa coa terceira xornada que se celebrará polas rúas do centro a noite do 11 de xuño.
Ocio, opinión, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 166