Haberá inchables e xogos interactivos para os máis cativos.

«Eu merco en Verín», a nova campaña de Aever

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) vén de presentar a campaña da súa festa «Eu merco en Verín», que levará a encher de inchables a vila do Támega o vindeiro 1 de xullo (venres).
Na presentación estiveron presentes Manuel Lorenzo, concelleiro de Feiras e Transporte; Alejandra Vega, traballadora en prácticas; e Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, presidente e xerente de Aever.

Co fin de impulsar o comercio local incrementando o poder de atracción da zona e incentivar as vendas, esta campaña contará con inchables para os máis pequenos e pasarrúas.
Así, os inchables -e xogos interactivos- estarán en 11 estacións por todo Verín. Para participar nestas actividades teñense que conseguir os tiquets realizando compras nos establecementos asociados. Devanditos tiquets canxearanse na carpa de Aever situada na praza do Concello. A ubicación dos inchables son a praza Maior, praza da Merced, praza do Concello, cruce Principal (rúa Lisa con Luis Espada), estrada de Castela, Rúa Deputación, pavillón dos Deportes e rúa Maior.

Quendas
Haberá dúas quendas (de mañá de 11 a 13.30 horas e de tarde de 17.30 a 20.30 horas) e en cada unha delas deberanse entregar tres tiquets e 5 euros para realizar a canxe. Esta farase na carpa que Aever terá na praza do Concello. Para a quenda da mañá canxearase por unha pulseira de cor azul e para a da tarde unha pulseira verde.
Tamén hai a posiblidade de acceder aos inchables todo o día, para elo, canxearase tamén na carpa de Aever (praza do Concello) tres tiquets de compra máis sete euros e cambiarase por unha pulseira vermella.

A carpa estará aberta unha hora antes do inicio das actividades. E na páxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas.

SOURCE: Campaña "Eu merco en Verín"