Foi instalada na glorieta de entrada á vila pola N-541.

Unha escultura conmemora a internacionalidade da Festa do Pulpo

Coincidindo coa edición na que a Festa do Pulpo foi declarada de interese turístico internacional, o Concello do Carballiño encargou ao artista Acisclo Novo unha gran escultura de bronce en homenaxe ás pulpeiras e a unha celebración que xa volve a ser a que se recorda despois do parón da pandemia. A figura, que representa a un pulpo de pé con cinco metros de altura e pesa ao redor de 900 quilos, foi instalada na glorieta de entrada á vila pola estrada N-541. Para poder soportar en altura a escultura foi necesario colocar unha peana de formigón armado cun peso de 4.500 quilos.

O pulpo é un símbolo do Carballiño e un motor para a economía do concello, polo que coa instalación da escultura preténdese celebrar a declaración de internacionalización da festa que se conseguiu este ano despois de décadas de esforzo. Será a así a carta de presentación da vila, a capital mundial do pulpo. Despois de que o pasado martes O Carballiño batera o récord da tapa de pulpo máis grande do mundo -515 quilos cocidos por unha trintena de pulpeiros e pulpeiras e cortados en 11 minutos-

Festexos
OCombo Dominicano actuará o venres 12 e o sábado 13 é a Festa das Camisetas do sábado. Precisamente que a mocidade se involucre na Festa do Pulpo e se contaxie do espírito da celebración é o obxectivo do certame, no que participarán 2.000 persoas unha vez que rematou o prazo de inscrición das peñas. En canto aos premios, establécese un único ao mellor deseño e dotado con 200 euros para a camiseta que reciba máis votos. O resto das que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.

As camisetas de cada peña serán expostas na praza Maior o sábado, a partir das 17 horas. En lugar do desfile, o Concurso das Camisetas contará este ano cunha actuación estelar. Pablo Ordúñez, máis coñecido como El Pirata, protagonizará un espectáculo na praza Maior, a partir das 20 horas. O locutor da emisora Rock FM ofrecerá grandes doses de música e humor.
Un día despois, o 14 de agosto, celebrarase o día grande da Festa do Pulpo. Calcúlase que durante a fin de semana se sirvan no Carballiño unas 63.000 racións de pulpo, o que supón un gasto de 2.000 litros de aceite.

SOURCE: Festa do Pulpo 2022