A portada nesta ocasión trae o Festival de Curtas de Verín – FIC Vía XIV que este ano chega a súa sétima edición. O Torneo Internacional Ourensanía – Concello de Cartelle dispútase no pavillón de Outomuto os días 3 e 4 de setembro.
Esta fin de semana, Xinzo de Limia acolle a 3ª Feira do Agro da Limia – Alimagro. Por Celanova pasaron milleiros de visitantes durantes agosto.
Os incendios cébanse coa provincia este verán. A Feira do viño de Monterrei, supera expectativas e vende máis de 30.000 degustacións.
Na capital, PSOE e PP, finalmente non se porán de acordo para unha moción de censura contra o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. A campaña de libros para escolares chega ao seu fin o 7 de setembro (cada rapaz ten 20 euros para gastar nun libro).
Xinzo coloca tres puntos para o intercambio de libros. Unha oficina, creada pola Xunta, informa sobre a mellora dos regadíos que se van a acometer.
O pleno de Verín pide a declaración de zona catastrófica debido aos lumes da zona. O obradoiro “Mocidade da Mancomunidade de Verín VI”chega ao seu remate formando a 16 alumnos. Obras de ampliación no Hospital de Verín.
A artista Luz Casal recibirá o 4 de setembro en Celanova o Premio «Casa dos Poetas». O FIXA (Festival Internacional de Xardíns de Allariz) crea o seu propio xabón biolóxico e natural. Os apicultores mostrarán os seus produtos en Allariz o sábado 3 de setembro, na 4ª Feira de produtos apícolas.
O COB comeza a pretempada de cara á LEB Ouro. O Correndo por Ourense ten unha nova cita este domingo, 4 de setembro, na zona universitaria. Ourense CF e Arenteiro comezan a Liga de 2ªRFEF esta fin de semana.
Ocio, provincia, clasificados, e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 170