Acolle esta fin de semana o 13º Salón do Automóbil.

Expourense, lugar ideal para mercar un vehículo

Expourense servirá de escaparate, durante dúas fins de semana que celebra o 13º Salón do Automóbil, para coñecer todo o que ofrecen 15 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, Acauto. A fin de semana do 20 ó 23 outubro terá lugar este salón que unirá o do Vehículo Novo, e o do Vehículo de Ocasión.
As marcas usarán este evento para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. As marcas representadas no salón son Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Sorteo
O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que percibirá 15 euros por cada vehículo vendido.
O horario do 13º Salón do Automóbil será o venres de 11 a 20.30 h.; o sábado de 10 a 20.30 h., e o domingo de 11 a 20 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

SOURCE: Salón do automóbil en Expourense