Presentouse a segunda edición do Trail rápido – andaina ruta dos Muíños, que se celebra no Concello do Pereiro de Aguiar este domingo, 6 de novembro.
A presentación realizouse na Área Recreativa As Pontes, coa presencia do alcalde municipal, Luís Menor; o Xefe Provincial do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o coordenador do clube La Purísima, Anxo Valcárcel, e o adestrador de másters de atletismo, José Luís Nóvoa.
O trail rápido será unha proba de 14 quilómetros que dará comezo ás 10 horas, mentres que a andaina -de 10 quilómetros- dará comezo ás 10.15 horas.
O prezo da inscrición para o trail é de 12 euros, e para a andaina, de seis euros. As inscricións pecharanse este xoves, ás 23’59h. https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/1ordm-trail-e-andaina-ruta-dos-muitildeos.
Haberá 18 trofeos: Sénior (ata 39 anos), Veterano A, (de 40 a 49), Veterano B (de 50 en adiante), ademais de dous sorteos, ao remate de cada proba.