O Concello de Ourense aposta pola artesanía e polo deseño dos produtos de proximidade a través dunha xornada, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, na praza Maior. O ‘Mercado de San Martiño‘ poderase visitar ininterrompidamente de 11 a 20 horas, e está aberto a público de todas as idades.
Os visitantes poderán topar 25 postos doutras tantas empresas e colectivos de manufactura e de deseño, todas elas coa etiqueta do feito en Galicia. Para ambientar o mercado e atraer o maior número de visitantes, haberá música en directo a cargo dunha DJ ás horas centrais do día -de 13 a 14:30 horas- e á noitiña -das 18 horas en adiante-.
O Concello de Ourense colabora neste Mercado de San Martiño a través da Concellería de Artes e Festexos.
SOURCE: Mercado artesanía e deseño