A portada desta ocasión trae aos corredores da carreira popular do San Martiño que encheron as rúas de Ourense por milleiros. Aever reparte 6.000 euros en premios para os clientes dos establecementos de Verín. Os concellos da provincia conmemoran o 25N. Ademais, e páxinas centrais contamos co calendario do Mundial de fútbol de Qatar.
Na cidade, o PSOE copia a estratexia do PP e o exalcalde, Paco Rodríguez, será o próximo candidato nas municipais de 2023. Segue sen sacarse adiante o PXOM de Ourense despois votar en contra a oposición nun pleno extraordinario.
Os días 24 e 25 Expourense acolle o 5º Sportur e o 3º Congreso Internacional de Turismo Activo. A pista de xeo de Ponte Vella abre ao público ata o 29 de xaneiro. O Lapis Solidario cumpre 17 anos para achegar xoguetes as familias máis desfavorecidas de Ourense. A avenida da Habana engalánase con xardineiras.
Chega o terceiro concurso de escaparates entre o comercio local da capital; repartiranse 8.000 euros en premios. A Sociedade Cultural Albor celebra o seu Magosto cos seus socios. Omar Montes actuará en Ourense o 16 de decembro; a orquestra París de Noia o fará o 9 do mesmo mes.
Verín remunicipalizará o servizo de augas; suporá unha redución do 20% na factura. Novas luminarias nos núcleos rurais; o Concello substituiu 1.630 na segunda fase do seu plan. O Verín CF substitúe a Juanjo Vilacha; Iván González é o seus substituto. O sábado, 10 de decembro, celébrase en Verín unha carreira solidaria.
En deportes, o COB suma a segunda vitoria da tempada a costas do Albacete. Repaso dos conxuntos ourensáns de fútbol e de fútbol sala.
Clasificados, opinión, ocio, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 176