Como non pode ser doutro xeito nestas datas a portada vén co título «A provincia festexa o Nadal»; e é que os concellos ourensáns esméranse nestas datas para organizar eventos que deleiten a veciños e atraigan a visitantes. Así, en páxinas interiores traemos as programación navideñas de localidades como Verín, Xinzo, Allariz, Celanova, Barbadás, Amoeiro e Ourense.
Outros temas de interese son os parque que o Concello de Ourense está reformando ou inaugurando pola cidade. Ademais, na Subedelegación de Defensa houbo relevo e coronel Peña substitúe ao coronel Doncel, quen estivo no cargo os últimos seis anos.
Tamén o Concello informa que dará un bono de 100 euros a cada persoa empadroada en Ourense e que poderá consumir na hostalaría e no comercio local entre febreiro e marzo.
Brioenflor faise co concurso de decoración de escaparates de Nadal, no que participaron un total de 125 escaparates. O Concello quere construír un ascensor para evitar as ramplas da pasarela que van á praza 200.
Entrevistamos a Mario González, quen nos fala das súas últimas dúas novelas: “El laberinto del recuerdo” e “Al otro lado de la tempestad”.
En Celanova, Leopoldo Rodríguez presentase, novamente, como candidato do BNG á alcaldía de Celanova. Presentouse unha guía gastronómica dixital do xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés.
En Xinzo, unhas videocámaras contabilizarán a afluencia de peregrinos. Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil van levar a cabo obras no Mosteiro de Trandeiras para dar visibilidade e poñer en valor esta xoia patrimonial que presenta un serio estado de abandono. A Corporación de Xinzo de Limia celebrou un pleno extraordinario urxente para aprobar expedientes económicos antes da finalización do presente exercicio.
O comercio local de Barbadás premia aos seus clientes coa Ruleta de Nadal. A Casa da Mocidade de Barbadás abre de martes a venres, de 16 a 20 horas. Ofrece servizos como billar, futbolín, obradoiros, a oficina da xuventude, entre outros.
Presentación, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín o xoves, 22 de decembro, as 19.30 horas do libro «Dende a Ponte a Monterrei»; é unha recompilación de textos escritos por Miguel Ángel Prieto Sotelo no Barrios.
As xornadas de novela negra, en xaneiro; “Back in Black” é o título desta edición.
Dous novos confrares na DO Monterrei; Emilio González e María Isabel Mijares son os novos membros.
Reapertura da biblioteca de Allariz tras unhas reformas. Xa se coñecen as 10 propostas do próximo FIXA. «Espazos sen fume» chega a Allariz.
“Nadal en familia” traerá circo, teatro e danza ao Teatro Principal; celebrarase entre o 23 e 29 de decembro.
A Confederación insite nun uso sostible da auga; a pesar das precipitacións os embalses están por debaixo do promedio histórico.
En deportes, o COB gaña grazas a un imperial Jhornan Zamora. Ourense remata o ano coa Sal Sivestre Ourensá e o comeza coa Costiña de Canedo.
Ocio, artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
SOURCE: Barrios 177