Un museo virtual recrea a arribada da Pinta en Baiona

Martín Alonso Pinzón comandaba a nave A Pinta cando arribou en Baiona despois do Descubrimento de América. Foi sobre o 1 de marzo de 1493 e uns días antes de que o Almirante Cristóbal Colón regresara do novo mundo arribando en Lisboa. Polo tanto, Baiona foi a primeira localidade do vello Continente que tivo noticias dos mariñeiros que cambiarían a percepción do mundo.
Por iso, un museo virtual recrea a arribada da Pinta en Baiona. Deste xeito, recréase virtualmente a nave A Pinta, comandada por Martín Alonso Pinzón, ademais, dando acceso a este acontecemento a persoas que pola súa mobilidade reducida non poden visitar o museo -reprodución da Pinta situada no porto de Baiona-. Iste é un dos recursos turísticos que desenvolve o proxecto Explotarerra en Galicia a través de Axencia Turismo de Galicia, proxecto que busca poñer en valor a navegación peninsular e a exposición do estribo marítimo desde o descubrimento do ‘Novo Mundo’ ata o século XIX.
A Casa da Navegación de Baiona e Turismo de Galicia puxeron en marcha unha experiencia inmersiva nova que permite aos usuarios visitar a histórica embarcación e coñecer máis detalles sobre a navegación e a vida a bordo no ano 1492. Este museo virtual permite dar un salto no tempo de máis de cinco séculos e coñecer as reviravoltas da navegación e a vida a bordo en 1492.

Exploraterra
En xuño de 2021, coa celebración do primeiro Comité de Pilotaxe, arrincou Exploraterra, un proxecto que nace co obxectivo de preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxa execución se estendeuse ata este decembro de 2022.
O proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, e conta coa participación dos seguintes socios: Axencia Turismo de Galicia; a Axencia Andaluza de Institucións Culturais da Junta de Andalucía; a Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA) e a Entidade Rexional de Turismo do Algarve.

Proxecto europeo
Galicia participa neste proyecto europeo de Exploraterra sufragando accións relevantes por valor de 300.000 euros, como a posta en valor da nave A Pinta, ancorada na dársena do porto de Baiona. Con este investimento de Turismo actualízase o museo e acométense obras de restauración na réplica da Carabela.
Tras mes e medio nos estaleiros Montenegro de Vigo, a réplica da Pinta regresou ao pantalán Cristóbal García Sarmiento completamente renovada. Ademais dos traballos realizados no seu casco, tamén se procedeu á substitución de cabos así como diferentes elementos que compoñen o aparello, tales como vigotas, patecas ou motones. Novos paneis informativos, audioguías e a colocación de novas figuras.

Exposición
Outra acción de valor que xerou este programa, ademais da xa citada reapertura de a Casa da Navegación de Baiona, onde se sitúa o peculiar museo virtual deseñado pola empresa Xoia, foi a exposición itinerante e documental Galicia terra de exploradores realizado por Manuel Rial, técnico de la empresa Trivium ECT. Exposición e documental narran a historia pouco coñecida da relación de Galicia co mundo dos descubrimentos.
Desde as primeiras noticias do Novo Mundo, coa chegada da carabela A Pinta a Baiona, ata a creación dunha Casa de Contratación das especias na Coruña, a peza audiovisual céntrase nos aspectos clave que ofrecían unha oportunidade para Galicia nestes contextos sociais e relacións comerciais máis aló do océano.
A exposición Galicia Terra de Exploradores estivo instalada no Arsenal de Ferrol e na rúa Carabela Pinta de Baiona e agora o Museo Naval Militar de Ferrol acollerá de forma permanente esta magnífica mostra.
Por outra banda, a través do proxecto Exploraterra, a Xunta de Galicia, participou no Roteiro dos barcos históricos, organizando a recepción de a Nave Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que puideron visitarse gratuítamente no porto deportivo de Baiona, coincidindo coa Festa da Arribada, e na Coruña no mes de maio.