Allariz celebra o Entroido, do 16 ao 22 de febreiro, con actividades para todos os públicos.
Comezará o xoves 16, coas comadres. A Charanga Achicoria amenizará as rúas de Allariz dende as 20:30h. Ao día seguinte, venres 17, de 23:30h ás 01:30h será a Noite de Entroido na praza Maior cos Djs Marcox e Paulo. O domingo 19, ao mediodía, a charanga Cubalibre actuará polas rúas da vila ata as 14 horas.
Volve a Cachuchada
O luns 20 haberá actividades para todos os públicos. A praza Maior acollerá a Festa Infantil dende as 17:30h cos Djs Marcox e Paulo; e ás 21:30 horas voltará a Cachuchada no Campo da Barreira (á venda os tiques para asistir a esta xuntanza popular). Ao rematar haberá pasarrúas coa charanga El Tattoo dende a Barreira.
O martes a mediodía, o pasarrúas correrá a cargo de Los Fugitivos; e ás 18h dará comezo o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas; a Space Discomóvil será a encargada de amenizar a tarde festiva en Allariz.
Pranto de Entroido
Para despedir o Entroido, o mércores 22 de febreiro terá lugar o Pranto de Entroido con Silvadeira Teatro. A súa saída será ás 20 horas dende a praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.
Concurso de Comparsas
Ata o día 17 de febreiro -venres ás 14 horas- está aberto o prazo de inscrición das comparsas que queiran participar no concurso. A orixinalidade, a elaboración e a escenificación do disfrace son os aspectos que o xurado valorará nas inscritas. As comparsas (a partir de 10 compoñentes) participantes poderán optar a tres premios, sendo o primeiro de 250 euros, e de 200 e 150, para segundo e terceiro, respectivamente.
Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.gal.