Esta semana o Cineclube Padre Feijoo ofrece dúas novas propostas cinematográficas; Suro e Holly spider son os títulos das mesmas.
Luns 13 de febreiro
Suro
Helena e Iván proponse construír unha nova vida nos bosques de sobreiras, pero xorden as súas diferentes opinións sobre como vivir na terra, desafiando o seu futuro como parella.
Hora: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura (rúa Concello 11)
Entrada: de balde socios, 2,5 euros non socios.
Mércores 15 febreiro
Holy spider
Irán, 2001. Unha xornalista de Teherán mergúllase nos barrios máis desprestixiados da cidade santa de Mashhad para investigar unha serie de feminicidios. Pronto entenderá que as autoridades locais non teñen présa por resolver o asunto. Os crimes son obra dun só home, que di purificar a cidade dos seus pecados e que ataca ás prostitutas pola noite.
Hora: 18 e 21 horas
Lugar: Teatro Principal (rúa da Paz, 9)
Entrada: 5 euros.