Nesta ocasión, como non podería ser doutro xeito, publicamos un «especial entroidos», no que desgranamos gran parte dos entroidos da provincia de Ourense.
Tamén entrevistamos a Juan Andrés Hervella que vén de publicar «Xardíns de Ourense». Ademais, o Concello de Ourense fixo unha viaxe de proba cun dos autobuses eléctricos que estarán en marcha nesta primavera polas cidade. O «Ourense Vertical» presenta tres novas obras que se realizarán no rúa Progreso, en Avilés de Taramanco e en Nicomedes Pastor Díez.
O Concello de Xinzo de Limia activa o saneamento do Limia, unha senda e un carril bici. Alejandro Mínguez logra o certificado de profesionalidade en setas. Verín reafírmase como territorio Banksy; “Verín, territorio Banksy” conforman un percorrido dunha hora pola vila.
En deportes, Expourense acolleu a Copa Joma e Iberdrola de atletismo. O Club Artai compite a gran nivel en Atenas e regresa con varias medallas.
Ocio, cultura, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha
https://issuu.com/periodicobarrios/docs/barrios_179