Nesta ocasión publicamos un especial do 8M (Día Internacional das Mulleres). Por toda a provincia conmemoran esta data con numerosos actos reivindicativos hacia unha igualdade real. Tamén falamos con Malena de Jesús, directora do CIM de Ourense.
Seguindo coas entrevistas, Ricardo de la Fuente Cid, falános da unidade da Lebrato & Grandío Hub Clinic que te axudará a deixar de fumar.
A Xunta de Galicia elixe o proxecto da nova sede en Ourense. O Concello de Ourense inaugura 12 parques infantís e inaugurará máis durante estos días.
Ourense estrea a aplicación mOUbil que busca mellorar a interacción coa cidadanía.
En Xinzo, a Garda Civil organizou un encontro de traballo. Un concurso de lingua de signos celébrase este mes na localidade; o mesmo segue o aprendizaxe do celebrado con anterioridade. Iniciouse a primeira fase
das obras de reconstrución do mosteiro Bon Xesús.
Antonio Mouriño, expulsado do PP; a decisión está motivada «pola participación activa» en Celanova Decide. Abre as súas portas no centro da vila o Acouga Hotel Boutique.
Allariz quere consolidarse como un referente do turismo sostible, polo que prepara un plan para captar fondos europeos.
O Concello de Allariz presenta os Roteiros Temáticos que se desenvolverá durante este 2023. Son sete historias temáticas (que percorrerá diferentes puntos e temáticas da historia de Allariz), distribuídas en 10 datas.
En deportes, o COB logra unha importante vitoria ante Melilla que o alonxa da zona perigosa do descenso. O 6º Torneio de kungfu de Maia deixou numerosas medallas para os deportistas ourensáns do Artai.
Artigos, clasificados, ocio, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha