Xa está na rúa un novo número de Barrios.
Nesta ocasión, a portada trae o que nos agarda durante os próximos dous meses ata o 28 de maio, data na que se celebrarán as eleccións municipais. As enquisas dan que en Ourense haberá catro partidos que terán representación na corporación municipal de Ourense.
Ademais, facémonos eco do 4º Plan de Equidade do Concello de Ourense. En Verín, prepáranse para as VI Xornadas de Novela Histórica que se celebrarán no Auditorio de Verín.
Entrevistamos a Ricardo de la Fuente, da unidade da Lebrato & Grandío Hub Clinic que te axudará a deixar de fumar.
A CHMS firma un convenio co Concello de Xinzo para a canalización subterránea dos vertidos ao río Limia. ‘Retorna Cualifica Emprego’ é unha estratexia da Xunta de Galicia para atraer talento galego do exterior e asentar poboación.
Preséntase a nova fonte termal que está ubicada na contorna da ponte Romana; o Concello de Ourense pretende facer unha piscina exterior no barrio de Barrocás.
Un catálogo recolle unha escolma das fervenzas máis destacadas da comunidade galega.
A DO Monterrei ten en Jonatás Gago García ao novo presidente da denominación de orixe.
O San Lázaro chega a Verín esta fin de semana cunha variada oferta organizativa, incluída a Feira de Artesanía e alimentación.
En Barbadás, ampliarase o polideportico de Barbadás; o Concello únese con San Cibrao e A Merca para sanear os seus ríos. Sarín Núñez repetirá como candidato do BNG á Alcaldía de Barbadás.
En deportes, o Arenteiro ten cada vez máis cerca o ascenso á Primeira Federación. Esta fin de semana chega a Expourense o Campionato de España de Atletismo en pista cuberta sub16. O COB da un paso de xigante de cara á salvación trala vitoria fronte o Alabcete.
Opinión, ocio, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha