A obra de Hugo Argotti Córcega será presentada no Liceo o próximo 7 de maio.
O próximo domingo 7 de maio, día da nai, ás 12 horas, realizarase a presentación do libro «365 pensamientos útiles para el buen vivir» do autor Hugo Argotti Córcega. Devandita presentación terá lugar no Liceo de Ourense. Este evento contará coa participación de Marina Sánchez, quen presentará o evento. Marina apoia estes eventos culturais no seu canal cultural en Youtube «Marina Sánchez-Canal Cultura».
Ademais, tamén participarán neste evento o ilustrador da obra Fidel Rodríguez Freire, a poeta María Josefa Freire Rodríguez, o director do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade e o director do Movemento Cultural Nós a Xente do Redor, Avelino Jácome. Cada un deles aportará a súa visión e perspectiva en canto á obra presentada.
Tamén haberá unha actuación musical de Rondalla Alecrín para desfrutar dun momento agradable e ameno. Esta presentación do libro conta coa organización e xestión de Orixe Publicidade e Comunicación, unha empresa de comunicación comprometida en levar a cabo eventos de calidade.
A presentación do libro «365 pensamientos útiles para el buen vivir «é unha oportunidade única para coñecer e profundar nesta obra de Hugo Argotti Córcega, e para desfrutar dun evento cultural e de entretemento no Liceo de Ourense. Espérase contar coa asistencia de todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre esta obra e desfrutar dun momento ameno en compañía de destacados profesionais do mundo da cultura».
A obra
Este libro é unha compilación de 365 mensaxes de vida de diferentes autores e que a súa vez son comentados por Hugo Argotti. Consta de tres partes: A primeira en donde se recollen pensamentos referidos ó plano individual, a segunda centrada no campo social. E finalmente unha terceira parte coa biografía de cada un dos autores comentados. Cada día do ano podemos ler un pensamento comentado para así ir conformando unha especie de ideario humanista que nos pode axudar tanto no personal como no traballo en equipo.
Tamén nos pode servir como motivo de reunión para charlar e debatir.
É un libro de reflexións sobre pensamentos de diversos autores, algúns célebres e outros descoñecidos, pero todos eles con mensaxes de vida que nos removerán profundamente.