Daniel Rey López, candidato de DO en Barbadás
Como definiría a situación actual do concello?
Daniel Rey: «Ten carencias de grandes servizos que sempre foron prometidos como o insituto -reivindicación de décadas- que nin tan sequera foron cedidos os terreos á Xunta. Ademais, as infraestruturas deportivas como a piscina que xa está obsoleta e dun tamaño irrisorio para a poboación que temos».
Cal cres que pode ser o principal problema de Barbadás?
D.R.: «Temos unha carencia de recursos económicos. Se comparamos con concellos do mesmo tamaño temos un orzamento municipal moito máis baixo. Para isto debemos modificar varia cousas como, por exemplo, o plan de urbanismo para que dote de chan comercial para que as empresas poidan instalarse e así poder xerar riqueza no municipio. No eido do tecido produtivo queremos darlle un pulo para que sexa o motor do concello».
Cal sería a medida estrela de DO?
D.R.: «Maís que estrela sería urxente. Hai un agravio comparativo entre A Valenzá e as parroquias do Concello que están desatendidos, polo que o primeiro sería atender esas necesidade en canto a infraestruturas e limpeza dos pobos. E non podemos esquecernos da conciliación familiar, que son escasos e a xente o reivindica».
Algunha medida de dinamización económica?
D.R.: «O noso programa leva a colaboración económica da empresa privada. Como o Concello carece de recursos suficientes falaríamos con empresas interesadas en investir. Ademais, o dito antes, un polígono industrial sería moi importante».
Fáleme de posibles pactos.
D.R.: «Non nos pechamos a pactos de ningún tipo. Chegado o momento chegaríamos aos que, chegado o momento, estiveran encamiñados ao cumprimento da maior parte do noso programa. Aquel partido que considere que pode co gobernar con nós, debería cumprilo; senón, non comezamos a negociar».