Ramón Padrón, candidato do PG en Barbadás
Como definiría a situación actual no concello de Barbadás?
Ramón Padrón (R.P): «Estamos nun concello con 7 millóns de orzamento pero con 12.000 habitantes. O Pereiro e Allariz coa metade de habitantes teñen o mesmo orzamento. En cambio, O Barco, Verín e Carballiño cos nosos mesmos número de habitantes teñen 10 millóns. Tiñamos que chegar como mínimo a 9 millóns para dar mellores servizos e conseguir unhas infraestruturas como unha nova piscina ou un auditorio. Necesitamos unha nova gardería infantil porque moitos nenos están indo a gardería de Toén. Tamén necesitamos o bus metropolitano. Piñor que ten 2000 habitantes, como Toén, cun hospital e un xeriátrico non ten un servizo de bus como, por exemplo ten Palmés. Todo isto é polo que imos traballar. A Barbadás só lle quedan 300.000 euros libres cada ano para inversión”.
Cal é o principal problema que detectas no concello de Barbadás?
M.C.V.: «O dito anteriormente. Necesitamos a mobilidade que nos daría o transporte metropolitano igual que as infraestruturas que necesita un concello que ten un 30% de xente xoven, menor de 18 años. Modernizar e ampliar as infraestruturas obsoletas que hemos. Aquí quero parar e dicir que a Deputación polo sistema que ten montado en Ourense danos 400.000 euros menos que si estiveramos en Lugo ou A Coruña. E o alcalde debería ir a reclamalos. En oito anos son 3.200.000 euros que nos faltan, é unha realidade, ao señor xefe de intervención da Deputación pódeselle preguntar”.
Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?
R.P.: «Sería ir a petar todos os días a Deputación para conseguir eses cartos. Despois reformar o Plan de Urbanismo para dar solo para esas infraestruturas que non temos. Tras oito anos o que conseguiu o PSOE é un posto da Garda Civil que supuestamente van nuns baixos enfronte do centro de saúde que son dun particular. Agora, por exemplo, ven a Xunta e di que nos dá os cartos para unha gardería e non temos chan para darllo. Cando fixeron o PXOM non deixaron solo para infraestruturas ningunha, pensaron que xa chegaba pero medrou moito”.
Que propostas presentades para a dinamización económica do concello de Barbadás?
R.P.: «A reforma do Plan de Urbanismo para dar chan as infraestruturas que xa dixen que necesitamos e a maiores dotaríamos dunha área comercial onde as empresas que queran medrar teñan onde facelo. Eu mesmo no seu día quixen medrar, fixen a solicitude no ano 2000 e nada. Pode ser que algunha empresa se quera instalar en Ourense e polos accesos á autovía se instale aquí. Cantas máis empresas se instalen máis podemos ingresar. Temos que subir como sexa deses sete millóns aos nove de orzamento. Esto hai que facelo desde o primeiro día. Esta medida a levan todos os partidos no seu programa pero, por qué non o fan xa?».
Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?
M.C.V.: «O domingo vótase e formase unha corporación que é onde de verdade se elixe ao alcalde. Nós non estamos ao ditado de ningún partido. Os grandes partidos primeiro traballan para eles e despois para o cidadán. Fai catro anos apoiamos que houbera un cambio en Barbadás porque a veciñanza así o reclamaba. Cando houbo que aprobar uns orzamentos fixemolo aínda que non estiveramos dacordo de todo pero para que avanzara o concello. Traballaremos para que haxa un goberno forte sexa quen sexa o alcalde. Se gañamos nós aplicaremos o noso programa pero se é outro pediremos que traballe con dedicación exclusiva para o concello. Este ano presentase VOX e como renega das autonomía, todo o contrario a nosa ideoloxía, non pactaríamos. Co resto de partidos estamos abertos sempre e cando non estean en contra do que defendemos”.