Manuel Cabezas, candidato do PP en Ourense
Como definiría a situación do Concello?
Manuel Cabezas: «O Concello é esperpéntico no sentido da vergoña. A min xerame moita tristura nunha situación na que non me sinto nada indentificado con quen nos representa».
Cal é principal problema de Ourense?
M.C.: «É o Concello que maís recursos tivo para invertir e os está gastando sen control, sen criterio e sen antender ás atencións do cidadán. E sen que a cidade de un paso cara adiante absolutamente en nada; e o peor, que o retroceso ao que está sometida a cidade será moi difícil de recuperar. O Concello está en quiebra e será difícil recuperalo en pouco tempo».
Cal sería a medida estrela para este mandato?
M.C.: «Non é unha soa, temos que velo como un todo. Ourense é unha cidade de ríos, de augas termais e sobre estas debemos pivotar. Xa fixemos unha transformación co termalismo lúdico e agora pensemos en facer balnearios para convertela na capital termal de Galicia. En infraestruturas, precisamos alternativas a Marcelo Macías, quitar tráfico a Progreso e cremos que o podemos facer a través dun Bulevard que queremos construír desde a Nacional 525 -límite con Barbadás- e o hospital o que alixeraría o tráfico. Temos que atender o rural, o transporte público, aos colectivos, á cultura».
Algunha medida de dinamización económica?
M.C.: «O primeiro recupar un plan xeral que permitar dar seguridade xurídica a quen queira invertir na cidade. Recuperar o Casco Histórico é fundamental, xa que hoxe non se pode visitar. As Termas hai que recuperarlas tamén. Hai moita cousas que facer para darlle unha volta a esta situación».
Toca falar de pactos.
M.C.: «Tivemos tres maiorías absolutas onde fixen a primeira transformación da cidade e iso é o que queremos agora. Traballamos para ese escenario por que é a maneira de camiñar en proxectos utiles para Ourense e coa rapidez que se precisa. Ademais, os políticos deben entenderse; o que fagamos será produto do diálogo independientemente da cor política».