Xa está na rúa o novo número de Barrios.
O portada deste número trae aos alcaldes de Barbadás -Xosé Carlos Valcárcel- e o de Ourense -Gonzalo Pérez Jácome- nunha reunión mantida na que acordaron solicitar á Xunta o transporte metropolitano. A DO Monterrei conta con recoller 6,5 millóns de quilos de uva; o pleno do Concello de Ourense aproba a ordenanza de veladores; e o FIC de Verín celébrase desde o 8 ao 17 de setembro.
Ademais, destes, un dos temas principais da semana foi a renuncia de Manuel Cabezas (PP) á súa acta de concelleiro do Concello de Ourense. Seguindo na cidade, o PSOE ve irregularidades na modificación de crédito que presentará o alcalde no pleno. A senda que se construirá en Reza vai a información pública. A Xunta leva a nove concellos de Ourense a campaña «Mercar no teu comercio ten premio».
A biblioteca de Verín crea a sección “Mundo Árabe”; conta cun fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán. Rali da Auga Transibérico Eurocidade Chaves-Verín celebrarase os días 15 e 16 de setembro.
A biblioteca municipal de Barbadás recibe o Premio María Moliner. O concello mellora o acceso ás explotacións agrarias cun investimento total na mellora da rúa Val do Muíño que ascende a 17.713 euros.
A Xunta fai unha achega de 18.000 euros para o xacemento de Castro de Cameixa. O presidente da Deputación de Ourense e alcalde do Pereiro de Aguiar -Luis Menor- renuncia ao Senado. A Deputación quere establecer unha sede provisional en Valdeorras e solicita á Xunta a cesión de espazos na Casa Grande de Viloira.
En deportes, o Ourense Ontime vence no 3º Torneo Internacional Ourensanía – Concello de Cartelle de fútbol sala. O «Correndo por Ourense» regresa con gran ambiente nas Lagoas. O COB arranca a pretempada previa ao curso máis ilusionante en anos.
O Festival “Galicia Ilusiona» chega a Ourense con dúas actuacións, o 9 de setembro e o 15 de outubro. Ourense acolle o Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia que se celebrará os días 16 e 17 de outubro.
Artigos, clasificados, provincia, ocio e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha