Novo número de Barrios na rúa.
Se achega o final de ano e a provincia engalánase coas luces e os adornos navideños. Por iso, o especial deste mes é sobre o Nadal e a programación navideña que se fai en diversos concellos da provincia ourensá.
Ourense, Xinzo, Allariz, Barbadás, Verín, Celanova e mesmo o Centro Comercial Ponte Vella organizan eventos para todas as idades nos que a diversión está asegurada.
Pero non todo é o Nadal e outras novas sucederon durante estas datas, como as novas parcelas industriais que quere sacar a Xunta de Galicia no polígono de Xinzo. Ademais, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa elexiu aos xardíns que estarán expostos na edición do vindeiro ano e que terá como tema «o xardín é unha obra de arte».
O Festival Internacional Rebulir compriu 18 anos e o fixo en plena forma, cun cheo absoluto durante a gala central celebrada no pavillón do Picouto (Ramirás).
Celanova segue a ser un referente da micoloxía galega a pesar de non realizarse este ano as xornadas divulgativas abertas ao público; si que se realizaron outras actividades relacionadas cos cogomelos. O BNG conta con Ernesta Seoane como nova concelleira do Concello de Celanova trala marcha de Leopoldo Rodríguez.
A Deputación presentou o programa do próximo semestre do Teatro Principal; o «Nadal en familia», que se celebra no Principal nestas datas; e o EsquiOU, no que participarán 840 rapaces de toda a provincia.
Artigos, ocio, provincia, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha